O alcalde eloxia o labor dos profesionais e da cidadanía ante os lumes na cidade
O Concello inicia o balance dos danos forestais e materiais producidos polos incendios para poder trasladar a petición de axudas ao Goberno. Caballero de "moi complexos" o momentos vividos e pon en valor a profesionalidade e dedicación de bombeiros e policías así como a cooperación cidadá "extraordinaria".
Os lumes provocaron danos de consideración en tres pendellos e unha vivenda situada en Camiño Bouzós, en Fragoselo, e deixou numerosas propiedades afectadas, especialmente fincas, e provocou "danos severos" en parques forestais que o Concello ten que ir avaliando, segundo expuxo o rexedor, que se referiu aos "momentos moi complexos e nalgúns casos dramáticos" vividos estes días. Así, lamentou o falecemento de Alberto Antonio Castromil e recoñeceu o seu valor ao axudar a unha veciña a sufocar o lume na súa casa.
Caballero reiterou a súa felicitación a toda a cidade pola súa solidariedade ao actuar e cooperar na extinción dos focos e nos barrios formando cadeas humanas, no que cualificou como un "comportamento heroico, excepcional". Así, manifestou o seu "orgullo por ser alcalde de Vigo e ter unha xente tan extraordinaria na cidade. Estivemos á altura das circunstancias. A cidade estívoo e quero recoñecelo". Con todo, criticou a proliferación de mentiras a través de redes sociais sobre cortes de auga ou luz que non se produciron e que xeraron "unha enorme ansiedade innecesaria".
Do mesmo xeito, o alcalde eloxiou o "traballo excepcional" dos Bombeiros, da Policía Local e da Nacional que foi "heroico, por momentos, con enorme profesionalidade e gran dedicación atallando os núcleos máis difíciles" e describiu dous dos escenarios máis delicados: a contorna da nave de FCC con depósitos de gas en zona habitada e a parte alta de Roteas cunha nave de plástico situada moi preto do bloque de vivendas.
No tocante ás 224 persoas que foron realoxadas en hoteis na noite do domingo, o alcalde sinalou que puideron abandonalos o luns ao mediodía. Relatou tamén que este luns recibiu a chamada do Rei Filipe VI, interesado en coñecer a situación na cidade e o estado de ánimo dos vigueses, e a quen informou da mobilización dos corpos de seguridade e da cidadanía. A Súa Maxestade e amosou o seu interese en visitar Vigo máis adiante para transmitir o apoio e solidariedade da Coroa.
Sobre os efectivos que estiveron traballando na extinción dos lumes, o rexedor apuntou que foron máis de 70 bombeiros activos durante 36 horas de forma continuada, empregando numerosos vehículos auxiliares así como dous alxibes de FCC e Aqualia que proporcionaron capacidade de actuación e coa incorporación masiva de efectivos que estaban de descanso. Tamén no caso da Policía Local, os axentes acudiron voluntariamente a traballar fóra da súa quenda, habendo 130 dispoñibles a maiores dos que estaban de servizo. O Concello empregou todos os vehículos ao seu dispor, con 44 mobilizados ao mesmo tempo, 25 coches, 12 motos, 3 furgóns do GOA, 2 da UMIR e 2 de atestados.
O rexedor referiuse tamén á reunión mantida co presidente do Goberno, que anunciou axudas para os afectados, polo que o goberno municipal está facendo balance dos danos materiais, forestais, e falará coas comunidades de montes e particulares para facer unha avaliación "seria" e enviala áo Goberno.
Descargar todas as imaxes