Escoitar

O Concello organiza unha exposición de vehículos eléctricos con proba de coches e bicis

No marco das actividades programadas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, o goberno vigués promove na mañá deste xoves unha mostra de vehículos eléctricos na Praza do Rei e, pola tarde, na Porta do Sol. Abel Caballero anunciou que mañá venres, ás 20h, os actos conclúen coa proxección do filme "Quicksilver" na pantalla da nova rotonda de Rosalía de Castro.

xoves, 21 set 2017
1505998711expo.JPG
O Concello continúa este xoves coas actividades programadas para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade, cunha dobre actuación de mostra e proba de vehículos eléctricos.

Esta mañá, o alcalde visitou a exposición habilitada na Praza do Rei, con coches, motos e bicicletas eléctricas de distintas marcas, algúns dos cales estaban a disposición dos cidadáns para ser probados. Na tarde deste xoves, a partires das 18 horas, os vehículos eléctricos estarán expostos na Porta do Sol, novamente con opción de ser probados polos interesados.

Abel Caballero resaltou que os actos da Semana Europea da Mobilidade teñen "moito contido" en Vigo, pois "queremos sensibilizar" á cidadanía das formas alternativas de desprazamento na cidade. Mañá venres conclúen as actividades municipais coa proxección do filme "Quicksilver, a pista rápido do éxito", protagonizada por Kevin Bacon, na pantalla da nova rotonda de Rosalía de Casto con Serafín Avendaño, ás oito da tarde.
Descargar todas as imaxes