O alcalde anima á cidade a que se achegue ao Memorial Paco Araújo de baloncesto feminino mañá en Navia
Abel Caballero presentou este mediodía a segunda edición do Memorial Paco Araújo de baloncesto feminino, que se desenvolverá no multiusos municipal de Navia mañá venres ás 20:30 horas co enfrontamento do Celta-Zorka -Uni Ferrol
Para Caballero este é "un acto moi importante polo que significou Paco no mundo do deporte e pola súa propia figura e personalidade", dixo. Araújo Sestelo foi en 1996 un dos refundadores do actual Bosco (Celta Zorka) e o seu presidente dende 2001 a 2016, cando faleceu.
Este venres, o Celta Zorka (Liga Feminina 2) e o Star Center Uni Ferrol (Liga Feminina) xogarán un amigable con entrada gratuíta. Segundo o rexedor, "tratamos de recoñecer a figura de Paco Araújo e falar de deporte, de baloncesto e falar de baloncesto feminino, pois ao final vai todo xunto. É dedicarlle un día a lembrar a un bo amigo, a un gran deportista, a un gran actor no mundo do deporte da cidade".
O xefe do goberno local fixo un chamamento á cidade "para que acuda, a que lembremos a figura de Paco Araújo, e a que recoñezamos co deporte, e a min gústame, aos que vos encargades de que o baloncesto feminino teña o status que ten nesta cidade. Quérovolo recoñecer en nome da cidade e impúlsovos a que sigades facéndoo", concluíu.
Caballero estaba acompañado por Carlos Álvarez, presidente do Celta Bosco, Héctor Pérez en representación de Zorka e a xogadora céltica Anne Senosiain. O dirixente deportivo manifestou que "Paco merece o memorial porque sempre loitamos pola canteira, pola base. Fai anos nutriámonos de nenas de todos os equipos da cidade e agora nun 98% son das nosas escolas de baloncesto, e iso tamén é grazas ao apoio do Concello".
E non aforrou eloxios sobre o seu antecesor, con quen compartiu directiva. "Era unha persoa moi importante non só dentro do baloncesto feminino senón dentro do deporte de Vigo e, ademais de ser unha gran persoa, era un gran amigo. Paga a pena estar apoiando a Paco neste momento".
Descargar todas as imaxes