luns, 18 setembro 2017

Concello e Deputación financiarán a reforma de Gol, Marcador e un aparcamento de mil prazas en Balaídos

Caballero e Silva fixeron o anuncio durante a visita aos traballos de remodelación da bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos, onde xa se izou a primeira estrutura da nova cuberta. A adenda ao convenio será aprobada esta semana e incluirá o proxecto técnico de aparcamento e os dous fondos: "é o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos", adiantou o alcalde.

O alcalde desexa a mellor travesía ao Buque Escola indonesio Bima Suci

luns, 18 set 2017

Abel Caballero realizou este luns o acto simbólico de solta das amarras do Buque Escola Bima Suci da Armada indonesia, que parte hoxe cara ao seu país desde o Porto de Vigo, logo de ser entregado polos Estaleiros Freire. O rexedor transmitiulles os mellores desexos para as xornadas de mar que teñen por diante e aludiu á amizade que xa une a Vigo e Indonesia, logo do traballo conxunto e as experiencias vividas durante o proceso de construción da nave.

O Concello convocará á ANPA do colexio Rodríguez Castelao para analizar o estado do centro

luns, 18 set 2017

O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen "obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión", apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando. O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade.