A arte de facer as redes

venres, 23 set 2005

Continuando coas actividades complementarias que xiran arredor da exposición "Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza", este fin de semana a xente que desexe poderá achegarse a Casa das Artes de Vigo, onde disfrutarán dunha demostración en vivo sobre o oficio das redeiras da man de Consuelo Martínez.

Saberes tradicionais sobre a madeira

venres, 16 set 2005

O artesán Javier Fernández Lage, especialista en facer sellas, tamén coñecidas como baldes, fará unha demostración en vivo do seu saber tradicional sobre a madeira , a fin de semana na Casa das Artes. Esta demostración ven formar parte da actividade "un fin se semán cos artesáns" complementaria da exposición Beleza e Utilidade Artesanía Tradicional en Galiza.

A charla enmárcase nas actividades didácticas programadas na exposición "Beleza e utilidade: a artesanía tradicional en Galicia"

Conferencia sobre a fala dos canteiros impartida por Xurxo Rodríguez Gómes

martes, 13 set 2005

Continuando coas actividades de divulgación que se están a levar a cabo con motivo da exposición Beleza e Utilidade. Artesanía Tradicional en Galiza, o xoves 15 de setembro na planta 1ª da Casa das Artes de Vigo, ás 20:00 h terá lugar unha conferencia sobre a fala dos canteiros que correrá a cargo de Xorxe Rodrigues Gómes.

Entrega de diplomas dos cursos de cestería tradicional

luns, 11 xul 2005

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Ignacio Lopez-Chaves , entregou o luns os diplomas do programa formativo en cestería tradicional da Casa do Cesteiro. Os cursos orientáronse á cestería de colmo, cestería de madeira fendida, cestería de vimbio con pel, vimbio pelado e principios básicos da cestería tradicional galega.

O Concello participa no encontro "Galicia e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro"

mércores, 1 xuñ 2005

A localidade portuguesa de Melgaço celebrará os próximos días 3,4 e 5 de xuño o encontro "Galiza e Norte de Portugal: un patrimonio para o futuro", evento para a promoción da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á Unesco".O Concello de Vigo participa neste evento a través das concellerías de Patrimonio Histórico co centro de Artesanía Tradicional –CAT- e co servizo de Normalización Lingüística.<br />

Dirixidos a calquera persoa que queira achegarse a este oficio tradicional

A Casa do Cesteiro convoca cursos intensivos de formación durante o verán

venres, 6 mai 2005

A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, por medio da Casa do Cesteiro e Centro de Artesanía Tradicional, vén de convocar oito cursos de verán sobre outras tantas especialidades no oficio da cestería. Estes cursos, abertos a todo tipo de persoas interesadas, teñen unha duración de 45 horas con formación intensiva durante 10 días laborables seguidos, en horarios de mañán e tarde. Os primeiros cursos darán comezo o 20 de xuño e os últimos o 12 de setembro.