O Concello espera rehabilitar 500 locais comerciais do Casco Vello este ano
O Concello espera lograr que arredor de 500 locais comercias do Casco Vello, a metade do total, sexan rehabilitados antes de acabar o ano. Para iso, a Concellaría de Comercio, en colaboración co Consorcio do Casco Vello e o Centro Comercial Aberto "Vigo Vello", porá en marcha un programa de axudas cun orzamento de 300.000 euros.
Segundo afirmou hoxe martes a concelleira de Comercio, Lucía Molares, este programa servirá para "dinamizar e potenciar" o Casco Vello, ofrecendo subvencións dun 30 a un 50% "a todos os propietarios e arrendatarios legais" para a rehabilitación de fachadas, elementos publicitarios e de seguridade e outras actuacións como poden ser impermeabilizacións e cambios de ventás e reixas. Dependendo de factores como o tipo de obra que se realice e o valor histórico dos locais, os destinatarios desta iniciativa recibirán axudas que irán dos 2.000 aos 18.000 euros.
Con isto preténdese chegar ao que o xerente do Consorcio do Casco Vello, Alfonso Ramos, definiu como "rehabilitación integral" desta zona, e que pasa, segundo asegurou, por satisfacer a "necesidade evidente" de lle dar un bo aspecto e un bo uso aos 500 locais comerciais desocupados. Para Ramos, ademais, a declaración do Casco Vello de Vigo como Conxunto Histórico fará que a rehabilitación sexa aínda máis necesaria.
Así memso, o xerente do Consorcio anunciou que o persoal deste organismo estará á disposición dos destinatarios do programa para asesoralos.
Pola súa parte, a vicepresidenta do Centro Comercial Aberto "Vigo Vello", Inmaculada Marín, agradeceu a colaboración do Concello e do Consorcio e dixo esperar que este programa sexa "un punto de inflexión para que o Casco Vello empece a recuperarse".
Descargar todas as imaxes