Escoitar

Técnicos europeos visita o Concello para un estudio sobre o uso das novas tecnoloxías da información

Expertos procedentes de Suecia, Finlandia e Reino Unido realizan unha visita de estudo na nosa cidade, os días 14 e 15, sobre o uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

martes, 14 mar 2006
1142345433informaticos.jpeg
Sesión de traballo
Durante a visita, os participantes terán a oportunidade de coñecer os servizos de administración electrónica do Concello de Vigo, os centros municipais de Internet,a aplicación do comercio electrónico nas empresas da área viguesa, e o desenvolvemento das novas tecnoloxías da Información e Comunicación na Universidade de Vigo.

Esta visita se enmarca dentro do proxecto comunitario CAPTURE, aprobado dentro da iniciativa Interreg III C. Iniciado a finais de 2004, este proxecto ten por obxectivo estimular o desenvolvemento das 21 cidades participantes sobre a base da economía do coñecemento.

En total, téñense programadas seis visitas de estudo nas cidades de Brighton (Reino Unido), Vigo, Kavala (Grecia), Jyväskylä (Finlandia), Girona e Erd (Hungría). A innovación no eido local, o uso das novas tecnoloxías e a administración electrónica son os principais temas tratados durante as visitas. Tamén se prevé o intercambio de expertos entre as cidades interesadas. O proxecto rematará cunha conferencia final de difusión de resultados en Bruxelas na primavera de 2007.

CAPTURE xurdiu no marco da rede de cidades Eurotowns, rede fundada en 1991 para promover a cooperación entre cidades europeas de tamaño medio. Un estudo económico realizado entre os seus membros en 2003, demostrou que todos compartían unha ambición común: o desexo de crecer na economía do coñecemento para crear máis e mellores empregos a nivel local.
Descargar todas as imaxes