Escoitar

O cine Salesianos acolle o ciclo "África, na gran pantalla"

O cine Salesianos acolle o mércores o inicio das xornadas dedicadas ao cine africano "Africa, na gran pantalla", coa proxección, a partir das 21:00, da película "Alí Zaoua, príncipe de Casablanca".

martes, 14 mar 2006
1142346090cartel.jpg
Estas xornadas celébranse grazas á colaboración da Concellaría de Cultura e as ONG’s "Jóvenes del Tercer Mundo" e Fundación "Juan Soñador". Mañá mércores, a partir das 20:30, terá lugar no mesmo cine (r/ Venezuela, 31) o acto de presentación do ciclo.

"Alí Zaoua, príncipe de Casablanca" narra a historia dun grupo de amigos que viven nunha casa abandonada no porto desa cidade marroquí. Cando deciden abandonar a banda do xordomudo Dib, este non quere deixalos marchar. Nunha pelexa entre a banda e os catro amigos Alí morre. Nun contexto de violencia no que o único obxectivo é sobrevivir, os amigos de Alí deciden enterralo "como un príncipe" e cumprir así un dos seus soños.

O ciclo "África, na gran pantalla" completarase con outras catro películas: "Madame Brouette", o 22 de marzo; "Vaite e vive", o día 29; "Moolaadé", o 5 de abril, e "Kirikú e a bruxa", o 12.
Descargar todas as imaxes