Concello e Celta abordarán o futuro de Balaídos nos próximos días
A alcaldesa, Corina Porro, reunirase nos próximos días co presidente do Celta, Horacio Gómez, a fin de tratar da remodelación do Estadio Municipal de Balaídos ou a posible construción dun novo recinto para o club vigués.
De acordo co portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, Corina Porro e Horacio Gómez poderían reunirse "o xoves ou o venres ou a principios da próxima semana". Figueroa afirmou que a intención do Concello para este encontro é "partir de cero" e "escoitar as demandas do Real Club Celta".
Figueroa adiantou que o Concello baralla como principal posibilidade a de "remodelar o actual estadio na súa localización, bancada a bancada", de maneira parecida a como se está a facer no estadio da Rosaleda, en Málaga. O Goberno municipal buscará o maior consenso posible á hora de elixir esta ou outra opción.
A remodelación, segundo calculou José Manuel Figueroa, pode custar de 40 a 60 millóns de euros. Para financiar esta obra, o Concello buscará a axuda da Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o Goberno central.
Xunta de Goberno
Por outra parte, a Xunta de Goberno local aprobou hoxe luns un convenio de colaboración coa Asociación "Érguete" para o desenvolvemento dun programa de apoio residencial para pacientes drogodependentes. O convenio, que estará vixente desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro deste ano, suporá unha contraprestación de 37.440 euros por parte do Concello, polos cales "Érguete" se compromete a pór un piso con sete prazas a disposición da Unidade Asistencial de Drogodependencias "CEDRO", do Concello.
Tamén na área de Benestar Social, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo a un convenio de colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia. Este convenio, polo que o Concello se compromete a achegar 10.000 euros, ten entre os seus obxectivos a atención aos enfermos de Alzheimer e aos seus familiares, coa creación de prazas nos talleres ocupacionais de que dispón a asociación.
Ademais, o Concello colaborará coa Asociación Plan Comunitario de Teis, achegándolle 4.700 euros, para levaren a cabo un proxecto de atención ao menor para nenos e nenas de sete a doce anos do barrio de Teis, dentro do Servizo de Infancia e Familia. O proxecto pretende mellorar, a través da atención psicosocial, a situación de rapaces con problemas sociofamiliares.
Descargar todas as imaxes