Escoitar
Anuncio Muller

Cursos da campaña "Vivir en parella é cousa de 2"

venres, 10 mar 2006
A Concellería da Muller abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2" no marco do "III Plan municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007"

1.-¿Como podo entenderte?
Destinatarios/as: Homes e mulleres maiores de 18 anos empadroados/as no Concello de Vigo. Mixto.
Contido do curso: Trataranse aspectos importantes da comuniciación, as emocións, a asertividade e a empatía.
Horario: xoves de 20.00 a 22.00 horas
Inicio: xoves 23 de marzo.

2.-Reparacións domésticas básicas. Introdución á fontanería e electricidade
Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos empadroadas no Concello de Vigo.
Contido do curso: Introduccións ás ferramentas básicas para as repacións domésticas sinxelas: fontanería e electricidade.
Horario: 17.30 a 19.30 horas
Período : 22 e 23 de marzo, 5,6,17,18,26 e 27 de abril 3,4,16,18,24 ,29 e 30 de maio.

3.-Mecánica e electricidade do automóbil
Destinatarias: mulleres maiores de 18 anos empadroadas no Concello de Vigo.
Contidos: impartiranse módulos teóricos e prácticos sobre: fundamentos do motor, sistemas eléctricos e de seguridad, solución de averías, etc..
Período e horarios: luns e mércores de 18.30 a 20.30 . Inicio mércores 29 de marzo

4.-Cociñar para compartir
Destinatarios: homes maiores de 18 anos, sen necesidade de coñecementos previos e empadroados no Concello de Vigo.
Periodo e horarios: Sábados de 9.30 a 13.30. Inicio 25 de marzo.

5.-O coidado das persoas dependentes
Destinatarios: homes maiores de 18 anos empadroados no Concello de Vigo.
Contido do curso: Para ha boa atención ás persoas que están ao noso coidado impartiránse módulos sobre hixiene, alimentación, mobilización, descanso e sono, seguridade, termoregulación, autoestima, coidar a quen coida, etc.
Horario: luns e martes de 20.00 a 22.00 horas.
Inicio o luns 3 de abril.

As inscricións realizaranse no departamento da muller, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, Tfno. 986 810 284, en horario de 8.00 a 15.00 h.
O período de inscrición remata o día 22 de marzo ás 14.00 horas.