Escoitar

Corina Porro entrega a recadación de Vigolandia ao grupo "O Imán"

A alcaldesa, Corina Porro, fixo entrega hoxe xoves da recadación de Vigolandia ao grupo "O Imám", formado por persoas afectadas polo VIH/SIDA e por diversas adiccións, así como por outras persoas solidarias.

xoves, 9 mar 2006
1141913569cheque090306.jpg
O Concello apoia así o compromiso de Vigolandia co labor social desenvolvido por algunhas entidades e asociacións de Vigo a favor de persoas con diferentes problemas. Este ano, o elixido foi o grupo "O Imán", polo que os seus representantes recibiron de mans da alcaldesa hoxe xoves un cheque de 20.000 euros.
Descargar todas as imaxes