Prórroga da exposición sobre "Os traballos artesanais no castro de Viladonga"

venres, 4 mai 2007

A boa acollida de público da exposición que organiza o servizo de Patrimonio Histórico no Museo Municipal Quiñones de León sobre "Os traballos artesanais no Castro de Viladonga", poderase visitar ata o 31 de maio , ampliándose nun mes as data da mostra. Dita exposición amosa diferentes materiais atopados nas escavacións realizadas no Castro de Viladonga, na provincia de Lugo, en concreto, aqueles relacionados con traballos de tipo artesanal ou manual.

Exposición sobre "Os traballos artesanais no castro de Viladonga"

venres, 30 mar 2007

O servizo de Patrimonio Histórico organiza unha exposición no Museo Municipal Quiñones de León sobre "Os traballos artesanais no Castro de Viladonga", entre o 30 de marzo e o 30 de abril. Dita exposición amosa diferentes materiais atopados nas escavacións realizadas no Castro de Viladonga, na provincia de Lugo, en concreto, aqueles relacionados con traballos de tipo artesanal ou manual.

O CAT convoca o programa formativo de cestería tradicional

mércores, 29 nov 2006

Un ano máis, o CAT convoca o seu programa formativo en cestería, pero esta vez cunha oferta de cursos de máis longa duración, pensados para que as persoas interesadas sexan capaces de dominar con solvencia as máis variadas técnicas da cestería tradicional galega, con especial atención á fabricada en Vigo en torno a rúa Cesteiros.