Castrelos recibirá a Raphael o 16 de agosto

martes, 19 abr 2022

O de Linares, sétimo artista confirmado no emblemático auditorio vigués ao aire libre. Coa súa nova xira, “Raphael 6.0”, o cantante celebra seis décadas sobre os escenarios e este ano actuará nas principais urbes españolas e tamén en cidades americanas. “Imos ter os mellores concertos de Castrelos que houbo nunca na historia”, afirmou Caballero.