Escoitar

A Praza de Compostela acolle esta semana o II Festival Internacional Vigo Jazz-Class

A actuación de Vigo Ensemble iniciará esta noite o II Festival Internacional Vigo Jazz-Class nos xardíns da Praza de Compostela. O programa prevé un concerto diario ata o próximo sábado 9 de xullo e todos serán ás 21,00 h.

martes, 5 xul 2022

Desde hoxe ata o sábado 9 de xullo, o Concello organizará o II Festival Internacional Vigo de música clásica e jazz, Vigo Jazz-Class, nos xardíns da Praza de Compostela. Este certame gratuito está incluído no programa Vigo en festas 2022 e ten un orzamento de 81.000 euros.

Tal e como detallou o rexedor, esta proposta prevé 5 concertos dos que o primeiro será esta mesma noite, ás 21,00 h da man de Vigo Ensemble. Mañá 6 de xullo, será a quenda de Imagine Jazz Orchestra & Sant Andreu Jazz Band (Joan Chamorro-director); o 7 de xullo, actuará Atlantic Bridge Jazz Proyect; o día 8, Dúo Ara. Rosa Biveiniene y Arabel Moráguez e, por último, o peche chegará o sábado 9 con “Vig Band Barroco” Orquesta 430”.

Descargar todas as imaxes