Caballero garante o financiamento municipal para a Misión do Silencio en Vigo
Abel Caballero reuniuse este martes coa Irmá Guadalupe Egido Perez, presidenta da Misión do Silencio en Vigo que lle explicou a situación de dificultade económica que atravesan.
O rexedor comprometeuse coa Irmá Guadalupe a estudar “como resolver a situación” e adiantoulle que o goberno de Vigo aumentará a subvención no orzamento municipal. A achega nestes momentos para apoiar o labor que desenvolve a Misión do Silencio é de 26.200 euros.
Caballero explicou en rolda de prensa que a reunión foi amable e quixo agradecer á entidade “o traballo que realizan cunha longa tradición histórica na cidade de atender a quen máis o precisa. Non imos deixar que a Misión do Silencio teña dificultades e non teña o financiamento preciso”.
Amais do comedor do albergue municipal de Marqués de Valterra, financiado totalmente, o Concello apoia o labor neste eido de Vida Digna con 45.000 euros, de Sal de la da Terra (10.000 euros), Comedor da Esperanza ( 55.000 euros), AFAN (60.000 euros) e Banco de Alimentos (83.000 euros) e a Fundación Santa Cruz (57.000 euros).