O alcalde anima a inscribirse na Holi Life, que regresa a Samil o domingo: “É a diversión total”

martes, 10 mai 2022

No exterior do Centro Comercial Travesía, Abel Caballero participou este martes na presentación desta cita, que terá lugar o 15 de maio. Tras dous anos de suspensión pola pandemia, de novo Samil recibirá a cor, a música e os disfraces da Holi Life, nunha edición na que a organización agarda congregar ata cinco mil persoas.