Escoitar

O alcalde anuncia que mañá sairán as reservas para a actuación Lola Índigo en Castrelos

Abel Caballero tamén sinalou esta mañá en rolda de prensa que esta tarde ás 17:00 horas, sairán de xeito online 300 reservas de Love of Lesbian e 700 de Tanxugueiras.

martes, 26 xul 2022

Mañá mércores estarán á venda as entradas para o concerto de Lola Índigo no auditorio de Castrelos, as cales terán un prezo de 5€. A actuación da artista madrileña será o luns 8 de agosto as 22:00 horas.

Para este concerto expediranse 5000 reservas en dúas modalidades de compra simultánea: ás 10:00 horas da maña sairán 500 entradas na billeteira do auditorio do concello e 2000 para compra online, as mesmas cantidades poranse a venda pola tarde, ás 17:00 horas, para facilitar o acceso de toda a cidadanía.

Reservas pendentes de Love of Lesbian e Tanxugueiras

O rexedor anunciou tamén a posta a venda das reservas para os concertos desta semana que quedaron pendentes de adquisición, saíndo de forma online ás 17:00 horas desta tarde. Para o concerto de Love of Lesbian, que subirán o escenario de Castrelos o venres 29 de xullo as 22:00 horas, venderanse 300 entradas a 10€. Por outra banda, o sábado 30 as 21:30 horas terá lugar o concerto de Tanxugueiras, para as que esta tarde estarán a venda 700 reservas, cun prezo de 5€.

Leiva

Tamén as 17:00 horas expendese a segunda quenda de entradas para a actuación de Leiva, que estará en Castrelos o 4 de agosto as 22:00 horas. Ao igual que pola mañá, sairán 1500 entradas online e 1000 en modalidade presencial na Praza do Rei, cun prezo de 12€. O alcalde sinalou que na venda online da mañá “esgotáronse inmediatamente, xa que se conectaron 22.500 persoas desexando adquirir algunha das 1500 reservas”.

Descargar todas as imaxes