Escoitar

O venres 8 saen á venda as reservas para seguir a Sting desde o anfiteatro de Castrelos

O alcalde avanzou esta mañá que será o venres cando o Concello poña a disposición da cidadanía a reserva de espazo para seguir a Sting desde a platea de Castrelos. O concerto será o sábado 6 da agosto e cada unha das 5.000 entradas de anfiteatro sairá a un prezo de 12 euros.

mércores, 6 xul 2022

O próximo venres 8 de xullo estará dispoñible a reserva de espazo na platea de Castrelos para asistir ao concerto de Sting, que actuará o sábado 6 de agosto. Tal e como ven sendo habitual, simultanearase a venda online e presencial, cun custo de 12 euros por entrada.

Na páxina web municipal quedará habilitado un banner de Vigo en festas-Entradas Castrelos que, a súa vez, redirixirá a unha páxina de reservas na que se poderán adquirir un máximo de dúas entradas por persoa. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía -independentemente do seu horario de traballo – as entradas sairán en dúas quendas: 1.500 ás 10,00 h e outras tantas ás 17,00 h. Pensando nas persoas que non teñan acceso ás novas tecnoloxías, poranse outras 1.000 entradas á venda no Auditorio Municipal (1.000 ás 10,00h e outras 1.000, ás 17,00h).

Vigo Jazz-Class

Continúa desenvolvéndose o II Festival Internacional Vigo de música clásica e jazz, Vigo Jazz-Class, nos xardíns da Praza de Compostela. Este certame gratuíto está incluído no programa Vigo en festas 2022 e ten un orzamento de 81.000 euros.

Tal e como detallou o rexedor, esta proposta prevé 5 concertos dos que o primeiro xa foi onte, coa actuación de Vigo Ensemble. Hoxe 6 de xullo, será a quenda de Imagine Jazz Orchestra & Sant Andreu Jazz Band (Joan Chamorro-director); mañá 7 de xullo, actuará Atlantic Bridge Jazz Proyect; o día 8, Dúo Ara. Rosa Biveiniene y Arabel Moráguez e, por último, o peche chegará o sábado 9 con “Vig Band Barroco” Orquesta 430”.

Descargar todas as imaxes