Os usuarios da PassVigo beneficiaranse das axudas ao transporte urbano do Goberno de España
O alcalde saudou a iniciativa do ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que porá a dispor das entidades locais axudas para reducir nun 30% o prezo do billete do transporte urbano municipal. O calendario sinala que entrará en vigor o 1 de setembro.
Abel Caballero e ministra Raquel Sánchez mantiveron un encontro no que participaron alcaldes e alcaldesas de cidades de máis de 250.000 habitantes. A federación e o ministerio intercambiarán formulacións para pechar un acordo que chegue a todos os concellos.
Caballero saudou a iniciativa do ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que porá a dispor das entidades locais axudas para reducir nun 30% o prezo do billete do transporte urbano municipal. Destas axudas beneficiaranse os usuarios de tarxeta moedeiro ou o abono transporte (no caso de Vigo os usuarios da PassVigo). Ademais, mostrou a súa confianza en que todos os gobernos locais poidan optar a estas axudas, que toman como criterio básico os ingresos por tarifas ou prezos públicos de 2019, e que non supoñan un impacto negativo nas contas dos concello.
O alcalde valorou o proxecto de "excepcional" e manifestou "estar encantado". Os usuarios d PassVigo pasarán de pagar 0,89 (prezo xa bonificado polo Concello) a 0,62 euros; os estudantes pagarán 0,60, non os 0,86 actuais; os universitarias pasarían a pagar 0,47 en lugar de 0,67; o billete social serían 48 céntimos e os pensionistas mantense na gratuidade.
Laudo Vitrasa
Caballero tamén quixo reivindicar o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Vitrasa. O laudo rexeitou a pretensión da empresa de reducir os salarios nun 30% e aumentar as xornadas laborais: "Isto é unha magnífica noticia", declarou o rexedor, que lembrou que "sempre foi o seu plantexamento".