Vigo acollerá eventos durante a presidencia de España do Consello da Unión Europea
Abel Caballero trasladou aos medios a notificación de Moncloa, que confirman que Vigo será unha das sedes para albergar eventos e reunións durante o mandato de España no Consello da Unión Europea.
O alcalde amosou a súa satisfacción tras coñecer que Vigo será unha das sedes elixidas polo Goberno do Estado para albergar eventos e reunións durante o mandato de España no Consello da Unión Europea, que será no segundo semestre de 2023.
Abel Caballero sinala que “Vigo está a ocupar o espazo que lle corresponde” e dixo sentirse “satisfeito” tras o anuncio de Moncloa e da Delegación do Goberno en Galicia. O rexedor explicou que esta noticia implica que a cidade acollerá eventos e xuntanzas os meses nos que España lidere o Consello da Unión Europea, de xuño a decembro do 2023.