Perú abrirá en Vigo o seu consulado para Galicia

venres, 7 nov 2008

O seu Cónsul Xeral en España, Manuel Palomino de la Gala, entrevistouse este venres co alcalde, Abel Caballero, para informarlle da decisión adoptada polo goberno peruano. O rexedor mostrouse satisfeito pola nova e salientou a "fluidísima e importante" relación pesqueira de Vigo con Perú.

O alcalde visita o autobús da Fundación Igualarte

xoves, 6 nov 2008

Abel Caballero acudíu este xoves á Porta do Sol, onde está ubicado autobús decorado polos alumnos da Fundación Igualarte, a primeira escola artística de Galicia para persoas con necesidades educativas especiais, localizada en Vigo. <br />

O alcalde anuncia que a declaración ambiental do AVE so está pendente do estudo arqueolóxico

xoves, 30 out 2008

Abel Caballero asegurou este xoves que a definitiva declaración de impacto ambiental do traxecto da Alta Velocidade a Madrid por Cerdedo se atopa na súa última fase, pois será ratificado cando conclúa o estudo arqueolóxico. O alcalde adiantou ademais que o túnel de entrada a Vigo non precisará dunha nova declaración ambiental e a exención da mesma é "inminente".