Caballero compromete o apoio do Concello ao proxecto investigador do CSIC na ETEA
Tras unha reunión co seu presidente, Rafael Rodrigo, o alcalde de Vigo garantiu o respaldo do Concello ao proxecto do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a ETEA, onde planea erixir un gran centro de formación e investigación chamado a converterse en "referencia internacional". Abel Caballero confiou en contar co respaldo da Xunta de Galicia a un proxecto "estratéxico para esta cidade", con 35 millóns de orzamento, que podería concretarse no mes de setembro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres o respaldo do Concello ao proxecto innovador e investigador que plantea o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), en Teis.
Tras unha reunión entre o alcalde e o presidente do CSIC, Rafael Rodrigo, Caballero definiu de "absolutamente excepcional" a proposta que xa empeza a concretarse de xeito "tanxible". Trátase para o rexedor dunha iniciativa "estratéxica para esta cidade", "columna vertebral central" da investigación" e confiou en que tamén conte co apoio da Xunta de Galicia para que poida materializarse no mes setembro.
Pola súa banda, Rodrigo agradeceu ao Concello e ao alcalde a súa cooperación nun "proxecto ambicioso e estimulante", cun orzamento entre os 30 e 35 millóns de euros, e destinado á excelencia científica e a súa transferencia á cidadanía e aos sectores produtivos.
O CSIC proxecta na ETEA un Centro de Investigacións Mariñas, unha base para buques oceanográficos, unha unidade de tecnoloxías mariñas para o equipo tecnolóxico das embarcacións, un reforzo da unidade de ciencia e tecnoloxías en alimentos e contará ademais cunha Escola de Postgrado internacional, en colaboración coa Universidade.
O obxectivo deste plan estatal, apuntou o presidente do CSIC, pasa por convertelo nunha "referencia internacional en breve" e requeriu, tal e como fixera o alcalde, do respaldo da administración autonómica, a terceira implicada xunto ao Goberno de España e ao Concello. Rafael Rodrigo agarda retornar a Vigo en setembro para presentar a "realidade" deste proxecto investigador para a cidade.
Campus do Mar
Abel Caballero referiuse ao financiamento do Campus de excelencia da Universidade de Vigo e felicitou ao Goberno de España porque todas as achegas ao efecto proceden deste ou de órganos enmarcados neste. Trátase dun "custe a fondo perdido e crédito" aportado polo Goberno de España, que avala a Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes