Escoitar

Caballero louba o traballo do corpo de bombeiros de Vigo na recepción de 17 novos efectivos

O alcalde de Vigo felicitou hoxe venres ao corpo de bomdeiros polo seu traballo durante a recepción dos 17 novos axentes que se acaban de incorporar ao Concello. Abel Caballero déulles a benvida e loubou a preparación e formación destes novos efectivos.

venres, 29 xul 2011
1311944752bomberos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe aos 17 novos bombeiros que se acaban de incorporar ao Concello de Vigo. Destes 17 novos efectivos, que aprobaron a oferta de emprego e realizaron prácticas entre mediados de abril e finais de maio, 10 serán axentes e 7 teñen praza de conductor bombeiro. O rexedor, durante a recepción, loubou a súa formación e preparación, e déulles á benvida como novos traballadores do Concello. Ademáis, aproveitou o encontro para felicitar ao conxunto do corpo de bombeiros polo seu traballo e dedicación.
Descargar todas as imaxes