Escoitar

"A xerencia da Fundación ProVigo terá custe cero para esta cidade"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres novas medidas de austeridade, tras a reducción de dedicacións no goberno local ou a eliminación dos caterings. O primeiro edil avanzou que convocará a próxima semana a Julio Fernández Gayoso, Fernández Alvariño e García Costas, membros do Padroado de ProVigo, para valorar nomes para dirixir a xerencia da Fundación.

venres, 29 xul 2011
1311943156Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres en rolda de prensa que "a xerencia da Fundación ProVigo terá custe cero para esta cidade".

O alcalde e presidente da Fundación anunciou a adopción de novas medidas de austeridade tras reducir as dedicacións dos membros do goberno local e eliminar os caterings. A nova decisión -"haberá máis", xa adiantou Caballero- será eliminar o custe dunha xerencia de desgnación nominal, que será ocupada por un funcionario o algunha proposta dos membros do Padroado.

Neste sentido, Abel Caballero anunciou que convocará para a vindeira semana ao presidente de Novacaixa, Julio Fernández Gayoso, e aos representantes empresariais José Manuel Fernández Alvariño e José García Costas, para recibir destes as súas propostas para a xerencia da Fundación.

O alcalde apuntou que a austeridade marca unha "nova etapa" na xestión do Concello de Vigo e adiantou que "imos continuar nesta liña" de cara ao futuro. Caballero afirmou que eliminará aqueles cargos de designación que sexan prescindibles para a administración local.
Descargar todas as imaxes