xoves, 28 xul 2011
O Padroado da Fundación Provigo decidiu hoxe xoves -a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero,- continuar a súa andaina a pesar da decisión da Xunta e da Deputación de Pontevedra de abandonar a institución "sen previo aviso". Caballero propuxo converter a Fundación nunha entidade sen gastos en persoal, unha iniciativa que suporá o aforro anual de entre 120.000 e 140.000 euros, que poderán ser destinados integramente ás funcións de promoción económica para as que foi creado o organismo. A iniciativa do alcalde, aceptada polos membros do Padroado, prevé substituír a figura do xerente por un funcionario para que "supoña custe cero para a Fundación".
xoves, 28 xul 2011
A concelleira de Cultura e Festas presentou este xoves o concerto que ofrecerá de balde a Coral Casablanca mañá venres ás 23 horas no parque de Castrelos, unha cita festiva que tornarase nun percorrido pola música galega, algunhas das bandas sonoras máis memorables do cine e éxitos do pop. Isaura Abelairas subliñou a "categoría" desta formación, declarada de interese galego e cultural, e invitou á cidadanía a presenciala.