Caballero anuncia que a Fundación Provigo continuará a súa labor a pesar do abandono da Xunta e da Deputación de Pontevedra
O Padroado da Fundación Provigo decidiu hoxe xoves -a proposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero,- continuar a súa andaina a pesar da decisión da Xunta e da Deputación de Pontevedra de abandonar a institución "sen previo aviso". Caballero propuxo converter a Fundación nunha entidade sen gastos en persoal, unha iniciativa que suporá o aforro anual de entre 120.000 e 140.000 euros, que poderán ser destinados integramente ás funcións de promoción económica para as que foi creado o organismo. A iniciativa do alcalde, aceptada polos membros do Padroado, prevé substituír a figura do xerente por un funcionario para que "supoña custe cero para a Fundación".
A Fundación Provigo seguirá operativa na cidade, tal e como decidiron hoxe os membros do Padroado nunha reunión na que o alcalde, Abel Caballero, prantexou a redución de costes de persoal para viabilizar a institución a pesares do abandono da Administración Autonómica e Provincial. O rexedor explicou que o Padroado entende que a entidade se a ser relevante para trazar os eixos estratéxicos do futuro da cidade e, polo tanto, continuarán "a pesar do abandono de Xunta e Deputación sen previo aviso".
Na liña de optimizar recursos, o Padroado aceptou a proposta o alcalde de que o xerente, que será elixido en agosto, pase a ser un funcionario ou traballador do Concello, da CEP ou da Cámara de Comercio, de xeito que lle custe cero á Fundación, xa que o organismo que traspase ao xerente será o que financie o seu salario. Outro dos acordos aos que se chegou na reunión de hoxe foi a redución progresiva de persoal propio da Fundación, funcións que tamén pasarán a desempeñar funcionarios, así como desvincularse definitivamente do Instituto de Estudios Vigueses. Esta medida permitiría aforrar entre 120.000 euros e 140.000 euros ao ano, segundo cálculos do rexedor.
Caballero explicou que estes cambios no organigrama para reducir gastos correntes están orientados a que todos os ingresos que aporten os patróns se destinen integramente as funcións de promoción económica e a elaboración de plans estratéxicos para as que foi creada a Fundación Provigo. A este respecto, avanzou que en setembro a Fundación iniciará a actualización do plan estratéxico.