O Concello cooperará coa megafonía e pantallas na procesión do Cristo, que retomará o seu percorrido habitual por Policarpo Sanz
Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras manter unha reunión coa Confraría do Cristo da Victoria para "planificar os actos" de celebración. Caballero avanzou que a procesión retomará o traxecto "habitual" por Policarpo Sanz desde Colón ata a Porta do Sol e o Concello asumirá a megafonía e instalará unha pantalla para seguir fóra as celebracións na Concatedral.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que o Concello cooperará coas celebracións do Cristo da Victoria sufragando a megafonía e instalando unha pantalla para seguir os actos da Concatedral.
Caballero mantivo unha entrevista coa Confraría, quen retomará o "habitual" trazado por Policarpo Sanz desde Colón, en dirección á Porta do Sol. O percorrido está "preparado", a falta de concretalo co edil de Seguridade, e "agardamos que todo vaia tan ben coma sempre".
O alcalde de Vigo salientou a afluencia de xente a unha celebración que definiu como "unha realidade relixiosa, sociolóxica e antropolóxica" que "aglutina a cidade" e "ocupa un espazo central" na cidade olívica, tras o que asegurou a "cooperación" do Concello. Abel Caballero indicou que o goberno local incluirá a festividade do Cristo no programa de festas municipal.
Descargar todas as imaxes