Socialistas e nacionalistas instan á Xunta a realizar as obras que precisan os colexios da cidade
PSOE e BNG instan á Xunta á realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Nunha moción que defendeu a concelleira socialista Raquel Díaz, reclaman á Administración autonómica que acometa as obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e as nenas.
A Corporación acordou instar á Xunta a realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Os votos de socialistas e nacionalistas permitiron aprobar unha moción na que se solicita tamén a execución das obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e nenas de Vigo.
O texto que someteu a debate a concelleira socialista Raquel Díaz explica que nos últimos anos estamos asistindo a unha clara deixadez por parte da Xunta de Galicia no que se refire á prestación do servizo educativo para todos os nenos de Vigo. Segundo se detalla, desde a chegada do PP á Xunta, a calidade deste servizo mermou considerablemente, sobre todo, no ensino público.
Raquel Díaz lembrou que en novembro de 2009 o alcalde de Vigo mantivo un encontro co actual conselleiro de Educación, manifestándolle a súa disposición para alcanzar un acordo para poñer en marcha de xeito inmediato un Plan de Modernización dos colexios públicos. Non obstante, os socialistas aclaran que a Xunta esqueceu Vigo, xa que nunca acometeu ningunha desas obras consideradas urxentes. Comedores escolares insuficientes, cubertas deterioradas, fontanería obsoleta, ou patios sen cubrir son algúns dos exemplos de incumplimentos da Xunta que recolle a moción aprobada hoxe no Pleno.
Descargar todas as imaxes