O Concello de Vigo aproba por unanimidade instar ao Goberno Central e á Xunta a buscar solucións ao naval
O Pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe martes instar ao Goberno de España e á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. Logo dun debate conxunto das mocións que cada grupo político presentaba por separado, todos os concelleiros refrendaron por unanimidade a resolución que xa aprobaran no Consello Económico celebrado o pasado luns 18 de xullo.
O Pleno refrendou hoxe a resolución do Consello Económico (CES) de instar ao Goberno de España e á Xunta de Galicia a debloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", realizando todas as accións que sexan precisas para súa aplicación inmediata, pactando unha resolución final entre o Goberno de España e a Unión Europea. Logo de debater conxuntamente as mocións que cada grupo presentou por separado, BNG, PSOE e PP chegaron ao acordo de someter a votación os acordos acadadados que xa se aprobaran no Consello Económico do pasado luns 18 de xullo.
Nesta liña, o Pleno acordou, asimesmo, solicitar a articulación de medidas que substitúan o actual sistema, polos existentes noutros países da Unión Europea ao tempo que esixen ao Goberno e a Xunta a adotar as medidas necesarias e urxentes que permitan a recuperación do emprego.
Descargar todas as imaxes