Escoitar

O Concello de Vigo recibe a titularidade de 13.000 metros cadrados de zona verde en Navia

O Concello de Vigo ven de recibir a xestión de 13.000 metros cadrados de zonas verdes en Navia. Así o anunciou hoxe venres o rexedor, quen se felicitou por esta incorporación xa que "querermos que toda esta zona sexa municipal o antes posible para darlle o tratamento que se merece".

venres, 22 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que o Goberno ven de recibir a titularidade de 13.000 metros cadrados de zonas verdes en Navia, ao tempo que avanzou que nas "próximas semanas", a Xunta completará o proceso de cesión do resto de xardíns, pendente nada máis "duns flecos". "Queremos que toda esta zona sexa municipal o antes posible para darlle o tratamento que se merece", indicou.

Caballero, que lembrou que o Concello xa fixo obras de acondicionamento nesta zona debido a pasividade da Xunta, asegurou que a recepción destas zonas verdes, que se aprobou esta mañá na Xunta de Goberno, ven dar a razón ao Goberno municipal cando "decíamos que suplíamos á Xunta no mantemento dos xardíns". As zonas verdes que pasaron hoxe a mans municipais son as que se extenden na zona impar da rúa Teixugueiras (desde o codo da rúa ata o final).

Evento NBA
Por outra banda, o alcalde anunciou a organización do evento NBA-BBVA Experience on Tour, unha proba deportiva de baloncesto que se organizará el 30 e 31 de xullo na praia de Samil baixo o auspicio da NBA. A Xunta de Goberno de hoxe autorizou aos organizadores a montar unha pista de tres contra tres na que poderán participar xogadores locais. Vigo é unha das vinte cidades españolas elexidas para organizar este torneo, xunto con Barcelona, Madrid ou Zaragoza.