Escoitar
MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

PECHADA AO TRÁFICO A RÚA ESPIÑEIRO

xoves, 21 xul 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de auga, a
realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA estará pechada ao tráfico a rúa Espiñeiro,
treito entre o nº 15 e a 1ª travesia de Espiñeiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende
o martes 26 de xullo de 2011 ás 10:00 horas ata aproximadamente o 31 de agosto de 2011.
Os desvios, debidamente sinalizados, establécense polas rúas: Maceiras, Dr.Corbal, Dona
Fermina, Espiñeiro.

Mentres dure o peche, establécese dobre sentido en Espiñeiro, entre 1ª Trav. Espiñeiro e
Dona Fermina.

O acceso á 1ª trav de Espiñeiro será dende a rúa Dona Fermina

Solicítase a máxima colaboración cidadá