O alcalde recibiu ao novo comandante de Marina de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste xoves unha entrevista formal con Joaquín Ballesteros y Morata de Tapia, novo comandante de Marina na cidade de Vigo. O primeiro edil vigués destacou a "excelente folla de servizo", quen entre outros destinos, foi xefe de Gabinete da Casa Real.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu na mañá de hoxe xoves ao novo comandante de Marina de Vigo, Joaquín Ballesteros y Morata de Tapia, nunha entrevista na que ambos protagonistas se ofreceron mutuamente máxima colaboración. Logo do encontro, Caballero destacou a "excelente folla de servizo" de Ballesteros, quen entre outros destinos, estivo catro anos no Lejano Oriente e foi xefe de Gabinete da Casa Real.
Descargar todas as imaxes