Escoitar

Caballero explica que a humanización de Manuel Álvarez convirte a rúa "nun novo acceso a Vigo"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou hoxe mércores as obras de Manuel Álvarez, "a obra de humanización máis importante feita nunca na historia desta cidade". Resaltou a mellora desta zona ata hai pouco "moi periférica" na liña do Goberno municipal de "atender Vigo na súa totalidade"

mércores, 20 xul 2011
1311166649manuelalvarez.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, achegouse hoxe mércores ás obras da rúa Manuel Álvarez, convertido nun vial "estratéxico" para a cidade. Segundo explicou, humanizáronse case 11.500 metros cuadrados coas calidades materiais e técnicas das rúas do centro de Vigo, o que a convirte "na humanización máis importante feita nunca na historia desta cidade"

Seguindo a liña de "atender Vigo na súa totalidade", Caballero explicou que esta zona era ata hai pouco tempo unha zona "moi periférica" e agora, temos diante "unha rúa nova, estamos a facer unha gran avenida nova en Vigo", de "case un quilómetro e medio".

Neste senso, explicou que se humanizaron 11.500 m2, ampliáronse beirarrúas, acondicionáronse os accesos as casas, o que convierte Manuel Álvarez "nun novo acceso á cidade de Vigo", un "vial estratéxico".

Caballero, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Fomento, David Regades, indicou que "Manuel Álvarez é a humanización máis importante feita nunca na historia desta cidade" e, -indicou- que agora pasa a ser unha das "zonas nobres de Vigo" .

O rexedor, quen avanzou que a obra estará rematada nuns dous meses, resaltou que agora na rúa "non había mazacotes de cables por todas partes, retrato dunha rúa case do século XIX". Agora -proseguiu- temos unha rúa con saneamemto, abastecemento, conducción de pluviais e unha nova ponte, unha obra moi complexa xa que requeriu una desviación provisional do Lagares. Caballero rematou anunciando a intención do Goberno de seguir cambiando a cidade "ao mesmo ritmo".
Descargar todas as imaxes