O concelleiro Manel Fernández destaca a calidade do Cidade de Vigo de tenis, "o mellor torneo de Galicia"
A décima edición do Internacional de tenis Cidade de Vigo comezará a fin de semana coa fase previa, xogadoras de 23 países e o rol de que este evento "é o mellor torneo feminino de Galicia", explicou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que hoxe presentou a proba do circuíto internacional da WTA no Concello.
O concelleiro destacou "a calidade das xogadoras e o nivel de premios (25.000 dólares)", pero tamén aplaudiu a tradición consolidada deste torneo, que empezou en 2001 e que "é unha referencia do verán vigués en canto a probas internacionais". Mario Martínez, vicepresidente da Federación Galega de Tenis, subliñou o "alto nivel" das inscritas, agradeceu vivamente a axuda das institucións (Alcaldía, Concellería de Deportes, IMD e Xunta) e dos patrocinadores privados e felicitou aos "recursos humanos da FGT", moi implicados nos dez días que dura a competición.
A primeira favorita do Cidade de Vigo será este ano a bielorrusa nacionalizada francesa Iryna Bremond. Hai uns días gañou en Contrexeville (Francia), torneo dotado con 50.000 dólares en premios, pero é que ademais no que vai de 2011 venceu no cadro de Wenshan (China), de 50.000 dólares, e nos 25.000 de Kunming (China) e Mallorca. Ademais, disputou este ano as previas dos tres grandes: Australia, Roland Garros e Wimbledon. A pontevedresa Leticia Costas, que compite estes días no Cidade da Coruña, será a terceira cabeza de serie.
Cos cadros de dobres (a final está prevista para o sábado 30) e individuais (a final, o 31), a organización calculou un máximo de 96 xogadoras no Complexo Deportivo de Samil. A entrada para os partidos é de balde como todos os anos. Nesta oportunidade, a Galega de Tenis decidiu dinamizar máis a proba con actividades paralelas. Así, haberá clases gratuítas de tenis con monitores da FGT e a súa escola de Samil, sesións de minitenis, clinics con xogadores e unha modalidade cualificada de "espectacular" polo vicepresidente federativo, o tenis en cadeira de rodas.
O concelleiro estivo acompañado na rolda de prensa por Jorge Santos en representación de Novacaixagalicia (é o sexto ano que a copa en xogo denomínase Novacaixagalicia), os vicepresidentes da FGT Mario Martínez e José Mosquera, que desculparon a ausencia do presidente por motivos profesionais, e da delegada territorial da Xunta, Lucía Molares.
As prazas por invitación que decide a federación autonómica, catro como é habitual, repartiranse entre as viguesas Noemí Novo e Andrea Retolaza, a herculina Arianna Paules, actual campioa de Galicia, e a mallorquina Sandra Soler.
Descargar todas as imaxes