Escoitar

Vigo acolle a IX edición do Festival Áereo de Vigo o próximo domingo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou hoxe luns a toda a cidade, a toda Galicia e a todo o Norte de Portugal á IX edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo que se celebrará o domingo 24 na praia de Samil, a partir das 11,00 da mañá. Logo a asinar un convenio co copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, e o organizador, Pablo González, o rexedor resaltou a importancia de manter este evento "nunha época de dificultades económicas para todos".

luns, 18 xul 2011
1310994279fav.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou, hoxe luns, o convenio que permitirá organzar, o domingo 24, na praia de Samil a IX edición do Festival Aéreo de Vigo. Logo de asinar o documento co copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernádez Gayoso, e o organizador, Pablo González, o rexedor agradeceu "unha vez máis a vocación de colaboración da entidade financeira coa cidade" e destacou que "temos a mellor organización posible" dunha iniciativa destas características de toda España.

O rexedor, quen recordou que evento permitirá a Vigo copar "unha parte moi imporante do espectro mediático nacional", invitou a todo Vigo, a toda Galicia e a todo o norte de Portugal a presenciar un espectáculo que "o ano pasado congregou a más de 400.000 persoas".

Pola súa banda, Gayoso recordou os nove anos que leva Nocacaixagalicia "colaborando ininterrumpidamente" coa posta en marcha do Festival e destacou que eventos destas características "axudan a vender a marca de Vigo".

Pablo González, quen comenzou a súa intervención dándolle ás grazas ao Concello e a Novacaixagalicia "por manter este evento a pesar da crise económica" -cidades como Málaga ou Valencia non o van ter-, cualificou o espectáculo de "novedoso, curto -durará 3 horas- e intenso", destacando a participación por primeira vez da Forza Aérea Holandesa.

O espectáculo comenzará con tres pilotos de Vigo que recrearán o primeiro vo qu ese fixo nesta cidade fai cen anos, da mesma maneira que a piloto acrobática portuguesa, Diana Gomes da Silva, rememorará a primeria vez que unha muller se sentou ao mando dun avión. Outras presencias destacadas serán, tamén, as do piloto italiano Luca Salvadori; o español Ramón Alonso; a patrulla Aspa (España); patrulla USAF (Estados Unidos); a patrulla PAPEA (España); Salvamento Marítimo ou o Pesca I, entre outros.
Descargar todas as imaxes