Escoitar

O CES acorda por unanimidade apioar ás reivindicacións do sector naval en Vigo

O Consello Económico, presidido hoxe luns polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou por unanimidade apoiar ao sector naval na súa convocatoria de movilización cidadá prevista para o xoves, 21 de xullo. Logo dunha reunión de algo máis dunha hora, todos os representantes sindicais, empresariais, civís e políticos aprobaron un documento conxunto que tamén insta ao Goberno de España á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. <br />

luns, 18 xul 2011
1311009334consello.jpg
Vigo, 18 de xullo de 2011.– O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu hoxe o Consello Económico da cidade no que se acordou por unanimidade apoiar á convocatoria de movilización cidadá organizada polos sindicatos do naval para o xoves, 21 de xullo. Outro dos puntos da resolución, segundo avanzou o rexedor, pasa por instar ao Goberno de España e á Xunta de Galicia a debloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal "tax lease", realizando todas as accións que sexan precisas para súa aplicación inmediata, pactando unha resolución final entre o Goberno de España e a Unión Europea.

Caballero explicou que outro dos acordos alcanzados con todos os votos a favor dos representantes sindicais, empresariais, políticos e sociais, foi solicita a articulación de medidas que substitúan o actual sistema, polos existentes noutros países da Unión Europea ao tempo que esixen ao Goberno e a Xunta a adotar as medidas necesarias e urxentes que permitan a recuperación do emprego.

Logo da reunión, que se prolongou durante algo máis dunha hora, Caballero recoñoceu que ademais do "tax lease", o sector naval ten graves problemas desde hai máis dun ano, polo que "é preciso buscar solucións globais". Neste senso, o alcalde de Vigo amosou a súa intención de liderar o "proceso de búsqueda de futuro para o naval aínda que non sexa competencia municipal". Destacou a importancia dun sector que emprega a máis de 12.000 traballadores na área sur de Galicia e endadiu que a reunión de hoxe "marca unha senda con algún dato positivo". Entre eles, destacou a importancia de que a resolución se alcanzara por unanimidade ao tempo que avanzou que as negociacións entre o Goberno español e a Unión Europea parecen amosar a posibilidade de atopar un i"nstrumento fiscal obxectivo e obxectivable" aberto a toda Europa, "non un sistema de incentivos", matizou. Por último puxo en valor a actitude do Goberno central, implicado no que considera "un problema de España" para que se resolva o antes posible.

Descargar todas as imaxes