luns, 18 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou hoxe luns a toda a cidade, a toda Galicia e a todo o Norte de Portugal á IX edición do Festival Aéreo Internacional de Vigo que se celebrará o domingo 24 na praia de Samil, a partir das 11,00 da mañá. Logo a asinar un convenio co copresidente de Novacaixagalicia, Julio Fernández Gayoso, e o organizador, Pablo González, o rexedor resaltou a importancia de manter este evento "nunha época de dificultades económicas para todos".
luns, 18 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a directora do Instituto da Muller, Laura Seara, asinaron hoxe luns un convenio dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres en situación ou risco de exclusión. Caballero, quen recordou que a igualdade e, xunto co emprego, un dos piares do Goberno municipal, amosou a súa satisfacción pola incoporación de Vigo ao "Programa Clara", no que xa están inscritos outros concellos como Sevilla ou Oviedo.
luns, 18 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este luns á toma de posesión do anterior edil municipal Ignacio López-Chaves como novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, tras ser nomeado pola Xunta de Galicia. Caballero subliñou que o Porto é "central" para a urbe e merece "todos os esforzos" polo que tendeu á man a López-Chaves para traballar por unha etapa "máis brillante e duradera".
luns, 18 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe luns a Sebastián Rodríguez, Chano, cuádruplo medallista de ouro nos Europeos de natación de Berlín, hai uns días. Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Caballero departiu durante un cuarto de hora co laureado deportista paralímpico vigués, que estes días adéstrase na cidade e que en breve terá tres semanas de vacacións.