Abel Caballero felicita ao nadador Chano Rodríguez polos seus ouros nos Europeos e anímalle a seguir en primeira liña mundial
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe luns a Sebastián Rodríguez, Chano, cuádruplo medallista de ouro nos Europeos de natación de Berlín, hai uns días. Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, Caballero departiu durante un cuarto de hora co laureado deportista paralímpico vigués, que estes días adéstrase na cidade e que en breve terá tres semanas de vacacións.
Caballero interesouse polo momento de forma en que se atopa Chano, polas distancias que nada e tamén polas longas travesías que realizou. De feito, Rodríguez asegurou ao primeiro edil que debido á preparación para Londres 2012, a Travesía de Sálvora a Vigo "queda para 2013".
Chano amosou ao alcalde e ao concelleiro os catro ouros obtidos en Berlín (50 metros libres, 4x50 estilos, 100 metros libres e 200 metros libres). En setembro incorporarase de novo aos adestramentos en Madrid, onde conta con medios técnicos e humanos axeitados para pensar en vitorias en Londres, e máis tras avaliar a súa recuperación no crono co adestramento intensivo dos últimos meses. "Queda un ano moi duro", dixo. O rexedor animou ao nadador a seguir en primeira liña do deporte local e a manter a súa propia proxección internacional e tamén a da cidade.
Descargar todas as imaxes