Escoitar

O alcalde compromete o apoio de Vigo para consolidar o proxecto de NGC Banco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladoulle hoxe venres a Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e José María Castellano o apoio do Goberno municipal para que se consolide un "proxecto financeiro estratéxico para a actividade económica de Vigo e a súa área de influencia". Logo de manter un encontro moi "cordial" cos xestores da entidade, o rexedor explicou que durante a entrevista analizaron os elementos vencellados co desenvolvemento financeiro do banco que se constituirá en setembro.

venres, 15 xul 2011
1310736036ncg.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe venres unha entrevista cos xestores de Novacaixagalicia e do futuro banco da entidade, Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego e José María Castellano para "poñer en común algúns elementos vencellados co desenvolvemento financeiro do banco que se constituirá en setembro". Nun encontro moi "cordial", o rexedor trasladoulle aos representantes da entidade o apoio e confianza "nun proxecto estratéxico para a actividade económica de Vigo e a súa área de influencia".

Recalcou Caballero a importancia de que o banco manteña en Vigo a súa sede operativa nun momento clave na actividade económica e empresarial, xa que, engadiu, a industria do automóvil, o naval e a pesca viven "unha etapa crucial no seu horizonte".

Caballero amosou a súa esperanza na consolidación "moi arraigada a Vigo e a Galicia" deste proxecto económico, tras a "fallida e mala operación de Feijóo coa fusión das caixas". Lembrou que a viabilidade da entidade chegará de mans dos fondos da caixa, das axudas públicas do FROM e da eventual aportación económica privada de José María Castellano.
Descargar todas as imaxes