mércores, 13 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este mércores a Xunta de Seguridade convocada pola celebración do Festival Aéreo Internacional de Vigo 2011, que terá lugar en Samil o próximo 24 de xullo ás 11 horas. Unhas 250 persoas, entre efectivos de Policía Local, Policía Nacional, bombeiros, Garda Civil, socorristas e membros de Protección Civil, velarán pola seguridade durante o desenvolvemento do evento.
As instalacións deportivas funcionarán "de forma inmediata", adiantou Caballero
mércores, 13 xul 2011
Caballero recordou que o recinto da antiga Escola da Armada é competencia municipal e abrirá todo o día "dentro duns días". O rexedor recordou que "solamente o Concello ten capacidade de decidir" sobre a apertura dos espazos da ETEA, ao ser unha "zona cidadá". Abel Caballero adiantou tamén que as obras nas instalacións deportivas xa están rematadas e poderán ser abertas "de forma inmediata"
mércores, 13 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá deste mércores unha entrevista formal con Rafael J. Ceñal Martínez-Hombre, o actual comandante de Mariña na cidade de Vigo na despedida do seu cargo. O primeiro edil vigués quixo ofrecerlle unha recepción oficial ao comandante en recoñecemento ao traballo realizado desde a cidade.