Escoitar
As instalacións deportivas funcionarán "de forma inmediata", adiantou Caballero

O alcalde avanza que a ETEA abrirá en dias as 24 horas porque "solamente o concello" ten esa competencia

Caballero recordou que o recinto da antiga Escola da Armada é competencia municipal e abrirá todo o día "dentro duns días". O rexedor recordou que "solamente o Concello ten capacidade de decidir" sobre a apertura dos espazos da ETEA, ao ser unha "zona cidadá". Abel Caballero adiantou tamén que as obras nas instalacións deportivas xa están rematadas e poderán ser abertas "de forma inmediata"

mércores, 13 xul 2011
1310562163Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou na mañá deste mércores que xa deu instruccións para aplicar o horario de verán na ETEA, co que "dentro duns días" as instalacións estarán abertas as 24 horas do día.

Segundo explicou o primeiro edil, "solamente o Concello ten capacidade de decidir" sobre os horarios de apertura da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), xa que trátase dunha "zona cidadá" de competencia municipal.

Ante os medios de comunicación, Abel Caballero asegurou que os traballos de reforma e adaptación das instalacións deportivas da ETEA -nas que o Concello de Vigo inviste máis de 800.000 euros- xa concluiron, polo que o goberno local procederá "de forma inmediata" á súa apertura e posta en marcha "moi pronto".
Descargar todas as imaxes