Feira no verán cambia de datas e amplía o seu horario ás tardes en xullo e en agosto
Coa chegada da época estival, FEIRA, o mercado de produtos tradicionais e ecolóxicos organizado polo Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, cambia as súas datas de celebración, adaptándose ás novas esixencias climáticas e aos costumes estivais da cidade. Os sábados 16 de xullo e o 13 de agosto, son os días elixidos para desenvolver unha nova proposta de mercado para estes meses ampliando a súa oferta ás tardes.
Pola mañán, no seu horario de sempre de 11:00 a 14:00h, FEIRA contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos: verduras e hortalizas, froita, queixos, pan, conservas, empanadas e repostería.
As tardes, en horario de 19:00 a 22:00h, estarán reservadas para propostas artesanais de alto valor engadido. Por unha banda, os produtos cun marcado carácter tradicional, e por outra, os deseños mais actuais, con propostas de artesáns de recoñecido prestixio en Galicia. Está xa confirmada a presenza de artesáns de cestería, tornería en madeira, xoiería en prata e artesáns de cosmética natural.
Neste nova etapa do verán as actividades de lecer terán maior presencia durante as mañáns e as tardes coa celebración de obradoiros e espectáculos musicais.