O alcalde participou na comisión executiva da FEMP, que datou para setembro a elección dos novos órganos de goberno
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este luns a Madrid para participar na sesión da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), onde acordouse convocar a décima Asamblea Xeral Ordinaria da entidade, da que sairán elixidos os novos órganos de goberno da mesma. A Executiva estudou os detalles da organización e acordou que esta transcorra nunha soa xornada, respondendo a criterios de austeridade e aforro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns na comisión executiva da FEMP que acordou convocar para setembro a Asamblea que elixirá os novos órganos de goberno da entidade.
A Executiva do organismo municipalista dedidiu hoxe que o 24 de setembro teña lugar en Madrid a décima Asamblea Xeral da FEMP para a elección do novo goberno, tras a presentación de candidaturas, reunión da que sairá o substituto do actual presidente, o alcalde de Getafe, Pedro Castro.
A Comisión Executiva da FEMP estudou os detalles da organización da que será a súa décima Asemblea Xeral e acordou que esta transcorra nunha soa xornada, respondendo a criterios de austeridade e aforro.
Pola mañá, tras a sesión de apertura e a elección da Mesa, desenvolverase o traballo deliberativo, ata primeira hora da tarde. Paralelamente iniciarase o proceso de presentación de candidaturas, para realizar pola tarde as votacións e a proclamación do Presidente, Vicepresidentes e outros membros dos Órganos Goberno: Comisión Executiva e Consello Federal.
Descargar todas as imaxes