Vigo acollerá o XX Congreso Nacional de Auditoría no mes de novembro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes o XX Congreso Nacional de Auditoría que no mes de novembro aglutinará na cidade a cerca dun millar de expertos. Esta edición presenta como novidade a presencia de auditores portugueses, o que suporá que Vigo será sede dunha importante cumbre de ámbito económico en outono.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe martes en rolda de prensa o XX Congreso Nacional de Auditoría que se celebrará no próximo mes de novembro. Acompañado de Rafael Cámara e Enrique González, presidente de España e de Galicia, respectivamente, do Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España, Caballero agradeceu á decisión dos responsables do evento de elexir Vigo por tres motivos. O primeiro deles responde a que a presencia de eventos destas dimensións, se prevé ao redor de 700 expertos, consolida a cidade como referente en turismo de congresos.
En segundo termo, referiuse a esta celebración como "unha oportunidad para dar a coñecer a cidade en todas as súas dimensións e importancia", recordando, a modo de exemplo, que é a cuarta cidade exportadora de España. Por último, resaltou a importancia dos auditores no futuro das finanzas e da economía e celebrou"que se organice este debate sobre fiabilidade e claridade en Vigo".
Pola súa banda, Rafael Cámara e Enrique González agradeceron ao alcalde o seu apoio e explicaron que a "elección de Vigo non é casual, senón que significa a aposta por Galicia e polo dinamismo de Vigo", indicou Cámara.
Descargar todas as imaxes