Escoitar

Abel Caballero felicita á cidade pola obtención de oito bandeiras azuis

O alcalde de Vigo recibiu hoxe mércores oito bandeiras azuis para outras tantas praias de mans da Asociación de Educación Ambiental y del Cosumidor (ADEAC). Nun acto que tivo lugar nun dos arenais condecorado, a Argazada, Caballero subliñou o compromiso do Goberno municipal coa calidade e a seguridade das praias.

mércores, 13 xul 2011
1310562031banderazul.jpg
O alcalde de Vigo amosou hoxe mércores a súa satisfacción polas oito bandeiras azuis para outras tantas praias que outorga a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC). Na súa opinión, trátase dun "recoñecemento á aposta pola seguridade e medioambiente que esta cidade quere ter de forma continua". Neste punto quixo felicitar a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, porque o Goberno municipal leva mantendo unha dedicación moi intensa para conseguir unha boa situación nas praias en todos os ámbitos posilbles. Neste punto, recordou as patrullas da Policía Local, Protección Civil e resto de efectivos que se dedican de xeito permanente ás praias. Este recoñecemento, engadiu, chega pola preocupación e vocación que mantemos polo medio ambiente. "Vigo no verán son as súas praias e os nosos visitantes viven nelas, por iso é precisa esta forte dedicación", indicou. Tamén cualificou de boa noticia o acordo ao que chegaron os traballadore de Cespa, xa que garante a limpeza dos arenais.

O vicepresidente de ADEAC, José Palacios, que acompañaba ao alcale, destacou o compromiso con Vigo pola seguridade e o socorrismo, explicando que nos últimos anos "o Concello duplicou o gasto nesta materia". Tras reclamar ao resto dos concellos que non escatimen investimentos en socorrismo, felicitou ao rexedor pola súa xestión en temas de medio ambiente e praias e animouno a seguir na mesma dirección.

Por outra banda, o alcalde referiuse á distinción que por primeira vez ADEAC concede a unha persoa, neste caso a Guillermo de Oca Montero, un socorrista recentemente fallecido. Logo de recordar que foi un profesional modélico, quixo trasladarlle á familia o recoñecemento e gratitude de toda a cidade. Na mesma liña, José Palacios recordou que Guillermo de Oca traballou en 2008, 2009 e 2010 en Saiáns e valorou o seu compromiso de axuda aos demais e a súa contribución ao socorrismo na cidade o que lle fai merecedor da Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios.

Praias recoñecidas
Praias recoñecidas con bandeira azul: Rodas (Cíes), Figueiras (Cíes), Carracido- Nosa Señora (Cíes), Fortiñón, Canido, O Vao, Fontaíña e Argazada. Estes datos revelan que se mantén o número de bandeiras azuis en 2010, que é o maior obtido nunca por Vigo. Ademáis esta cidade recibe por primeira vez a Distinción Temática en Información e Educación Ambiental polos programas levados a cabo en 2010: recuperación dunar do Vao, programas de educación ambiental como "Vigo, Camiño a Camiño" e recuparación dos humedais .
1310562031banderazul.jpg
1310562038distincion.jpg
Descargar todas as imaxes