A Casa das Artes acolle a exposición "Arqueoloxía do detalle"
Sete artistas portugueses exporán unha parte da súa obra nunha mostra que, baixo o nome de "Arqueoloxía do detalle", terá abertas as súas portas na Casa das Artes de Vigo. Trátase dunha exposición de arte contemporáneo composta por instalacións e técnicas mixtas.
A Casa das Artes de Vigo acolle a exposición "Arqueoloxía do detalle" ata o 17 de setembro, encadrada na 16ª Bienal de Cerveira. O proxecto expositivo está comisariado por Fatima Lamber e presenta a obra de sete artistas de prestixio: Alburquerque Mendes, Alejandro Somaschini, Baltazar Torres, Catarina Leitao, Graça Pereira Coutinho, Lluís Nobre e Vasco Araújo.
Esta exposición, composta de instalacións e técnicas mixtas, encádrase nunha ampliación ás cidades de Vigo e Oporto da Bienal de Cerveira.
Esta exposición, composta de instalacións e técnicas mixtas, encádrase nunha ampliación ás cidades de Vigo e Oporto da Bienal de Cerveira.