Escoitar

Caballero mediará co Goberno de España para que Defensa e Innovación teñan en conta a "altísima tecnoloxía" da empresa UtilVigo

O alcalde de Vigo mantivo na mañá deste martes unha reunión cos responsables desta empresa de capital íntegramente vigués, que elabora pezas de "altísima tecnoloxía" e emprega a entre 30 e 50 traballadores. Caballero indicou que o goberno de Vigo intermediará cos ministerios de Ciencia e Defensa para que teñan en conta á empresa viguesa, especializada en producción para a Armada e para o sector da automoción.

martes, 19 xul 2011
1311080266utilvigo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que mediará cos ministerios de Defensa e Ciencia e Innovación para que teñan en conta á empresa viguesa UtilVigo, especializada na fabricación de pezas de "altísima tecnoloxía".

Segundo explicou Abel Caballero ao remate dunha entrevista cos responsables desta entidade, UtilVigo emprega entre 30 e 50 persoas dependendo dos picos de producción, e especialízase na ensamblación de pezas para a Armada e para o sector da automoción.
Descargar todas as imaxes