O Valedor do Cidadán será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia
O Valedor do Cidadán, Luis Espada, será o responsable de ler o pregón do Día de Galicia, nun acto que se celebrará o venres ás oito da tarde en Castrelos. Segundo avanzou este martes o alcalde de Vigo, Abel Caballero, nesta edición se suprimirá o tradicional cátering, nuna decisión de aposta pola austeridade acorde "cos tempos de crise que estamos a vivir".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que o valedor do Pobo, Luis Espada, será o encargado de ler o pregón do Día de Galicia, nun acto que se desenvolverá o próximo venres en Castrelos a patir das oito da tarde. Segundo explicou Caballero esta edición estará marcada pola austeridade, polo que se suprimirá o catering que tradicionalmente se ofrecía aos presentes logo da lectura dos discursos. "A situación económica e a sociedade reclaman outra dimensión de facer as cousas, dacordo cos tempos de dificultade económica que estamos a vivir", explicou.
Descargar todas as imaxes