O alcalde avoga por buscar "algunha outra liña de baixo custe" para impulsar a "aposta estratéxica" do Concello polo aeroporto de Vigo
Abel Caballero ratificou hoxe mércores a aposta "estratéxica" do goberno local polo aeroporto de Vigo e anunciou que "imos buscar algunha outra liña de baixo custe" para Peinador por ser "moi convinte para esta cidade". O rexedor tamén apuntou que a conexión con Londres "interesa de forma substancial a esta cidade e imos falar con Vueling para producir novos avances" nesta ruta.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este mércores buscar liñas de baixo custe para operar en Peinador, dentro da "aposta estratéxica" do goberno local polo aeroporto vigués.
Ante os medios de comunicación, Caballero avogou por dar continuidade á "aposta decidida polo aeroporto de Vigo" desde unha visión "estratéxica", como aconteceu coa conexión Vigo-Londres impulsada polo Concello.
O voo coa capital inglesa ten "tres veces máis demanda que o de Bruxelas", pagado pola Xunta de Galicia, e "interesa de forma substancial a esta cidade", tras o que anunciou que "imos falar con Vueling para producir novos avances". Caballero valorou que, ademais da unión entre ambas cidades, Londres permite conectar Vigo con destinos intercontinentais, e conseguilo a súa consolidación "non faise en 15 días".
Abel Caballero confirmou que "imos seguir na potenciación" de Peinador e adiantou que o Concello buscará "algunha outra liña de baixo custe para o aeroporto de Vigo" por ser "moi convinte para esta cidade". "Imos seguir coa nosa aposta estratéxica polo aeroporto porque é un factor central", concluíu.
Descargar todas as imaxes