Escoitar

Caballero recibe aos partipantes nun intercambio de xuventude europea de cinco países

O rexedor, Abel Caballero, mantivo hoxe xoves un encontro con 35 estudantes procedentes de cinco países distintos que percorrerán a cidade a súa área nun intercambio cultural que rematará o próximo día 28.

xoves, 21 xul 2011
1311253678marina.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe xoves a treinta e cinco mozos e mozas participantes nun encontro de xuventude europea de cinco países. Desde o pasado mércores 20 de xullo, ata o próximo 28, estes estudantes compartirán experiencias e visitarán a nosa cidade e o noso contorno.

Logo de intercambiar opinións cos mozos, o rexedor explicou que este é o segundo ano que este intercambio xuvenil se organiza dentro do programa Xuventude en Acción da Comisión Europea e destacou o efecto positivo que teñen estos intercambios culturais nas formación da mocidade. Durante a súa estancia na cidade visitarán o Casco Vello, as Cíes ou as praias, ademais de achegarse á cultura urbana ou á música e o baile tradicional.

Son mozos con idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos e van participar nun taller de fotografía, que rematará coa edición dos traballos e a participación nun sorteo.

Os países e organizadores participantes son as seguintes: Francia (Lorient): "Maison de Quartier du Bois du Château"; Reino Unido (Gales-Carmarthen): "Carmarthen Youth Project"; España (Vigo): Concello de Vigo (Xuventude) con Asociación Xuvenil Abertal; Letonia (Ventspils): Ventspils children and teenage support centre "COME WITH US!"; República Checa (Ceske-Budejovice): The Anglo-Czech High School CAG.
Descargar todas as imaxes